Xa de volta, mergullado na limpeza xeral. Coa cabeza en mil sitios á vez, matinando o meu próximo movemento. Quizáis sexa tempo de recuperar ó home mudanza, quizáis xa fiquei tempo abondo nun mesmo sitio. Disque ás veces cómpre liscar para atoparse máis perto dun mesmo. Orballo, mojitos e conversas de madrugada. Paisaxes e persoaxes redescubertos dende unha ollada allea. Músicas de aeroporto. Fuxida sen fin diste gato sen dono abandoado á eterna xaneira. Sempre nos quedarán as melodías furtivas no lusco e fusco de Belvís. E un longo camiño por diante.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 divagando:
llego tarde, pero llego, y me encanta ;)
Enviar um comentário