Fiestra con vistas

Escoítase ó lonxe o marmurio das campás. A súa chamada atravesa a cidade rachando a calma telúrica da vella pedra, engalanada de orballo para unha ocasión que só eu sei ver coma excepcional. Dende que o avión descende sobrepasados ós Ancares, puiden sentir a aperta da humidade e o vizoso pulo da natureza en apoxeo.
Días despois da queda do bipartito morno, as rúas e as súas persoaxes non reflicten cambio algún. Serei eu, que veño de fóra. Seica iste povo meu construíuse a base de pedra caliza, para non ter que sufrir máis mudanzas que as estrictamente necesarias. Para ben ou para mal, a nosa terra fica cravada a iste chan, para evitar que ningunha marea allea poida barrernos da face da terra. E pode que, se deixamos de agardalo, o sol saia pola nosa fiestra.

0 divagando:

top