Lástima de bois...


Comeza a tempada taurina, cos seus palmeros, capillitas, matadores de estilete curvo, fascistas de bigote estreito e xente ben de toda a vida sentada nos tendidos de sombra. Menos mal que aínda quedan mulleres dispostas a espirse pola nobre causa de dete-lo sadismo cañí sobre os bois. A tortura non só non é arte, nin cultura, nin sequera tradición. As touradas -porque iso de chamarlles "corridas" fai que se me escape un sorriso de dobre intención- son a mellor expresión da persistencia da brutalidade e a ignorancia. E logo aínda se queixarán de que poñan a fronteira de África nos Pirineus...

3 divagando:

Arancha R F disse...

Ía comentar no anterior post, xa sabes, sobre a dificultade de se atopar a un mesmo... pero, sen dúbida, un comentario neste vale moito máis a pena!

Só engado unha cousiña: agardo que esta foto non sexa túa ;-)

V disse...

non, non ises cús non che teñen o meu copyright... mal que me pese.
as miñas fotos son as que están etiquetadas.
hai que atoparse, aínda que che leve a vida enteira.

dtordable disse...

más pezones y menos pitones

top