Crecemento ideolóxico negativo

Botámolos pero, ó final, voltaron. Onte, o setenta por cento dos galegos saíu a votar. Deles, pouco menos da metade votaron a Feijóo. Ou a Fraga. Ou a Rajoy. Ou contra o governo desilusionante que non soupo distinguirse dos seus predecesores en case que nada. A participación foi histórica, non compre ningunha excusa de falla na movilización. Os que votaron e os que non deixaron ben claro que Touriño e Quintana desaproveitaron a oportunidade dun goberno non conservador en Galiza. Perdéronse en servilismos, liortas inútiles e polémicas sen senso. Por primeira vez na nosa historia, os libros da escola foron gratuítos. Abríronse garderías en galego. Paralizáronse as obras da megalómana Cidade da Cultura. E pouco máis. Dende fóra vendeuse a imaxe dun governo radical que adoutrinaba ós meniños dende o berce. E como o governo bipartito nunca foi de moito traballar, non fixeron moito por contrarrestala mala propaganda. Non foron quen nin de revalidar a súa maioría contra un partido fracturado pola corrupción e o clientelismo, porque eles mesmos tamén tiñan os seus propios mortos no armario e porque, por non facer, non fixeron sequera campaña. Agora pagarán a súa inacción dende a oposición, quen sabe ata cando. E nós, pobres ilusos, teremos que voltar a optar entre o conformismo e o exilio.


Recordo ter atopado unha pegatina do BNG nunha farola en Lavapiés fai case nove anos, coma esta outra en Londres. Fíxome pensar no escaso cupo de ideas que caben en calquer partido político, moitas menos das que poden ficar no miolo dunha soa persoa. O partido da pegatina acabou por darme a razón, coma tódolos demais. E xa non creo que me volva achegar a unha furna electoral.

PD: Polo menos, agora morrerá a estúpida paranoia de Galicia Bilingüe... ou eles tamén gañaron as eleccións?

2 divagando:

dtordable disse...

bien sabes que me da asco el PP, pero me alegro un montón de que hayan desalojado al BNG de la xunta. Que partido más asqueroso, y que líder más patético, va de revolucionario y todos sabemos que se vende al primer constructor que le invita a su yate y le da un poco de pasta. En Galicia teneis lo que os mereceis.

Náufraga disse...

En primer lugar...la política corrupta es una mierda y jamás cambiará...si no quieres votar más pregúntalo a gente como yo que pertenecemos a la oposición en Venezuela y vemos como esto se hunde en el "socialismo del siglo XXI" y nuestra única opción es votar esperando que sea imposible un nuevo fraude por los entes tomados por los "rojos rojitos" y el batallón de "camaradas" que lo apoyan...En segundo lugar, siempre apoyaré el voto porque como expliqué es la única vía(con o sin fraude por medio)...En tercer lugar...pues yo también soy gallega aunque no nací ni vivo allá pero ya hasta me estás desilusionando de intentarlo allá ante la imposibilidad que hay aquí donde nací, donde mi padre hizo su vida huyendo de la miseria en que estaba Europa...parece que el mundo en cualquier momento explotara o tal vez implote con tan malas energías cargadas...nos leemos...N

top