Voltou coa marea



Dicíano esta mañá os xornais. Os mariñeiros e os voluntarios que participaron nas tarefas de limpeza da marea negra do Prestige sufren alteracións xenéticas e problemas pulmonares case oito anos despois do verquido. Os productos químicos que contiña o cru están danando a súa saúde, incrementando o risco de padecer cancro de pulmón e leucemia. De sete mil persoas que tomaron parte no estudio do Colexio de Médicos de EEUU, cincocentas una padecían afectacións no sistema respiratorio ou roturas cromosomáticas no seu ADN.

Agora lembro todas aquelas mentiras. Os pequenos fíos dos que falaba o sipaio aquil que agora quere mandar en Madrid tornáronse en 67.000 toneladas de petróleo na costa galega. O governo, tanto o de fóra como a súa sucursal en San Caetano, xurou e perxurou que todo estaba baixo control, aínda que o seu exército e os equipos de emerxencia non chegasen o Atlántico ata case un mes e medio despóis. Os primeiros en facerlle fronte o seu desastre foron os mariñeiros, seguidos de caseque 300.000 voluntarios de toda a Península que fixemos nosas tarefas pola que aturamos un governo. Moito antes de que os militares españois fixesen acto de presencia, chegou o exército belga, que quedou abraiado da escasa preocupación guvernamental pola marea negra. As labouras de limpeza e contención que tiñan que rematar en corenta e cinco días duraron máis de un ano, doce meses nos que non houbo peixe, marisco nin rianxo que levar as lonxas. 

Estoupou a carraxe en toda Galiza, e os políticos adicáronse a paliala metendo cartos nos fuciños da xente sen resolvelo problema de fondo. 415 millóns de euros que non resolveron nada e que non nos protexen dun novo Prestige, dun novo Mar Exeo, dun novo Casón, doutra desfeita propiciada pola codicia política e o desdén cara o noso povo. Agora, anos despois, comezamos a ver consecuencias. O xuízo aínda non comezou sequera, pero xa sabemos que ningún dos seus responsáveis pagará polos danos feitos. Os donos do lixo-barco, a sociedade pantasma anglo-suizo Crown Resources, unha pantalla da multinacional rusa Alpha Resources a que pertence o meirande criminal de traxe e gravata, Marc Rich, desapareceron sen dar explicacións nunha morea de avogados.

Dos responsables políticos, cabe destacar á comisaria europea de Transporte, Loyola de Palacio, culpable da inacción comunitaria contra os buques monocasco, quizáis porque o seu propio irmán traballada para a familia de armadores gregos Coluthros, armadores, mira ti por ónde, do propio Prestige. O conselleiro galego de Obra Pública, Xosé Cuiña, mao direita do daquela presidente, Manuel Fraga, lucrouse vendendo material de limpeza. O propio Fraga atopábase de cacería o día do afundimento do petroleiro, casualmente con Alfonso Cortina, xefe de Repsol, e Fernando Fernández Tapias, que posuía as empresas que cobraron da Xunta por limpar deficientemente á costa afectada, e o dono do Corte Inglés, Isidro Álvarez, que ameazou os meios con retirar a súa publicidade se daban cobertura á marea negra. Culpable tamén é o entón ministro de Obras Públicas, Francisco Álvarez Cascos, que, noutra casualidade, se atopaba na devandita cacería e ordeou alonxar o buque cando xa era demasiado tarde, contra o consello de todo o mundo, Jacques Costeau incluído.


Non  nos podemos esquecer do que era naquel tempo responsable de Interior e mao direita do presidente Aznar, Marianito "castrapeiro" Rajoy, que se encargou, xunto co Delegado do governo -máis extranxeiro ca nunca- na Galiza, Arsenio López de Mesa, de enganar a poboación día si, día tamén, para tentar tapar a súa desfeita. Todos eles merecen ir de cabeza á cadea, por beneficiarse da traxedia, por non faceren nada, por perpetuar o seu noxento colonialismo señorito e costumbrista e por roubar o pan e a saúde ó noso país e os seus mariñeiros. Mais, desengánense, coma sucederá tamén co verquido no Golfo de México, o seu diñeiro pasará por enriba de calquer intento de facer xustiza.

0 divagando:

top