Esta xa non é a cidade que eu coñecín. Non mudaron as rúas, nin os xestos metálicos nin sequera o ateigado bulir do tráfico. Pero iste vrán semella que todo o meu redor decidiu mudar de golpe sen que ninguén máis se decate. Madrid ergueuse hoxe engalanada co arrecendo da herba recén cortada e a pedra húmida pola choiva. A paisaxe da tristura tórnase ós meus ollos nun chiste privado, nun regalo de cumpleanos adiantado un mes. Diredes que é cousa miña, que levo tempo demáis nesta capital de ningures tanteimuda en se vestir de cemento e perdín o pouco sentidiño que me quedaba. Pode ser. O que eu sei de certo é que iste non é o meu acostumado mes de agosto, pola choiva que venceu o calor sahariano, por voltar a escoitar o balbordo dos paxaros vencendo ó do tráfico, pola sinxela ledicia que percorre de súpeto as rúas sen motivo aparente, por non me sentir só nin nas noites máis baleiras, polos fins de semana con ameixas, gnocchis e viño branco sen saír da casa e o arrecendo engaiolante duns rizos achinados. Outro vrán foi posible, e foino hoxe pola mañá. Morta á rutina, todo semella novo, todo está aínda por facer. Esta xa non é a cidade que eu coñecín. Agora, xa é a cidade que, ó mencer, garda unha sorriso segredo para os seus hóspedes inesperados.
Radiohead - No Surprises
2 divagando:
Sentate ben, isto de escribir en galego.
De verdad los placeres tienen que ser amargos?
Enviar um comentário