Permanente estado de conflicto


Cando rematou a guerra, o banqueiro voltou a amasar a nosa pobreza, o carceleiro tornou á cadea, o político ergueuse de novo no seu púlpito e nós voltamos ás nosas miserias. Só o soldado permaneceu igual, coas armas na man, só que agora o seu fusíl ollaba cara nós. E non deixou de apuntar ata que volveron necesitar do noso sangue na súa próxima guerra. Outra máis, tan semellante a todas as anteriores, anacos todos eles dunha enorme Guerra que se libra cada día contra todos nós, os que sempre nos vai tocar o lado feo do canón.

Sómola causa de que esistan policía, pelotas de goma e grandes meios de manipulazón, non vaia ser que nos demos conta de que, sin nós, o seu mundo e as súas regras non se teñen en pé. O seu sistema sempre sostido en dous principios ineludíveis: o páu e a cenoura, a mentira e o canón que nunca deixa de apuntar ás nosas cabezas, pra que non cometámolo erro de pensar de máis. A orde social supostamente menos inxusta, dividida entre os que non teñen nada e os que contan con longas ringleiras de antidisturbios, xuíces, voceiros, demagogos, militares e paramilitares para defender o que non é seu, para perpetuar, xustificar e manter iste expólio. Manteñennos calados a base de medo, axitando as pantasmas do terrorista, do desorden e o conflicto pra que non teñamos tempo de pensar na maquinária imperfecta que nos governa. En perpetuo estado de conflicto latente, o cidadán consinte en sacrificala súa liberdade en proveito da seguridade fictícia. Por iso necesitan permanetemente un inimigo, unha ameaza contra a que luitar. Trala cortina de fume, iste é o xeito en que traballa a súa democracia.

1 divagando:

Anónimo disse...

muy guapo el blog. ando dando tumbos por la red y me ha parecido interesante. sigue así.

top