Foto do século: a comer merda, don Manuel!


Non fixen aínda nengunha mención á derrota popular na pátria. Despois de caseque seis séculos de opresión política, lingüistica e económica, da fame, da migrazón, do auto-odio imposto dende fóra, a direita perdeu o poder na Galiza, pese a que as súas redes clientelares semellaban estar tan ben trabadas coma sempre.. Desta vez, non se foron eles, botámolos nós!
Case parafraseando o cacique maior de Ourense, Baltar, "si eres del PP, jódete". Comeza unha etapa diferente, onde a bucólica imaxe da Galiza atrasada e pailana vense abaixo cada vez maís. Mentres a camarilla rancia de sempre xa compara o noso pequeno Quin cun mestre do bufonismo como Carod-Rovira, eu non deixo de cismar: ¿tanto medo nos teñen?

4 divagando:

Anónimo disse...

baltar colocanos a toos

Anónimo disse...

carod, colócanos a toos

V disse...

bush, colocanos a todos

Anónimo disse...

"vitoria 3 de marzo de 1976"

top