Deixáronme sen voz, deixáronme sen voto


Unha vez máis, o voto por correo sufre estranos "incidentes". Mentres nas colónias galegas de ultramar os votos por correo medran cunha misteriosa fluidez e os votantes emigrantes (case que todos maiores de 65 anos e votantes do "pai proveedor de fondos duvidosos", o señor Fraga Iribarne) poden votar aínda dez ou vinte anos despois de mortos, os emigrantes noutros núcleos sofremos inconvenientes non previstos no reenvío das papeletas (a cárrego da Admnistrazón de Xunta). Segundo fontes do BNG e PSdeG, os votos por correo procedentes de España (onde a povoación residente e maioritariamente moza e de voto progresista) están sendo tramitados cunha lentitude pasmosa, mentres que os provintes dos tradicionais núcleos da Galeguidade exterior (Arxentina, Venezuela, Cuba, Suiza, Países Baios ou Fráncia) son reenviados ós solicitantes moito menos de vagar. Pola culpa desta lentitude burocrática, fun privado do meu voto, solicitado legalmente no plazo establecido, pero que hoxe, data límite para envialo voto o meu colexio electoral, as miñas papeletas aínda non chegaron nin o meu buzón nin a miña administazón de correos correspondente. Cheira a podre, ¿non sí?. Un voto menos contra Fraga, ¿seica o dubidábades?. Será que lle colleron medo ó de perdelo seu postiño na Administrazón. Roubáronme a miña única oportunidade de expresala miña opinión nesta falsa democracia que tan soio funciona unha vez cada catro anos. Mexan por nós...

0 divagando:

top