Esperta do teu sono!



Outro ano máis loitando por un país á contra, unha lingua en perigo e un povo privado de historia de seu. Contra o esquecemento, a inxuria e o rudo encono de propios e estranos. Somos a nosa propia memoria e cada día temos que artellala de novo para que non se esvaeza. Ninguén o fará por nós. Somos a testemuña vivinte de séculos de historia que nos pertencen, os fillos da xenreira, o suor e o sangue misturado coa terra e a pedra, terra dos nosos pais, pedras dun fogar noso. Diáspora que non remata e escuro porvir para os que quedan. Loita infinda a nosa, a dun país que se nega teimudamente a non existir. Esta noite, en Compostela, en Bos Aires, na Habana, en Cangas, en Zurich ou en calquer recuncho onde haxa un galego, haberá tamén unha mao ó ceo brindando por todos nós.


Bo día da patria galega, meus!

Himno galego - Himno galego


 

0 divagando:

top