Domingo de resaca, ollando dende a prensa a derradeira semana da campaña electoral. Uns que acusan o desgaste dos problemas xudiciais do seu partido en Madrid, en Valencia e tamén en Ourense, vía Illas Caimán. Outros secuestrando anciáns para levalos de mitin, que peniña de galeguismo soft-core traballando os vellos métodos dos caciques de sempre. E os demáis, os que din que governan eiquí e alí, seguen sen facer un carallo por nós. Nin estes nin os outros trouxeron o AVE, nin crearon postos de traballo nin deteron a progresiva parálise económica, cultural e social de Galiza. E que o certo é que o único que avanza no país é a nosa propia decadencia, o mesmo ritmo que as cifras do paro e da emigración. Sabian que hai máis galegos no resto do estado -375.000 en cifras de maio do ano pasado- que na provincia de Lugo ou Ourense? Que aínda quedan 250.000 galegos de primeira xeración en América? E perto de 90.000 en Europa? Que temos os salarios, as pensións e a natalidade máis baixa do estado? Seguimos fuxindo en busca dun futuro que na nosa terra se nos nega, en tandas de 12.000 mozos e mozas cada ano, porque Galiza mesma está a ser privada de progreso. Estamos millor que hai catro anos? Certamente. Mais deixando a un lado certas medidas meramente cosméticas, eche o mesmo conto. E aínda así, haberá que ir a votar, aínda que só sexa porque nos gobernen os menos malos. Que cadaquén escolla o seu antihéroe. Sei de un suposto "nacionalista" que fai campaña a ritmo do seu própio reggaetón... lástima de país.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 divagando:
Ya sabes q Galicia apesta, aparte de estar subdesarrollados, tenéis un idioma de risa q se comprende perfectamente. Si no fuera por vuestra gastronomía (la del mar y la que llega por mar) no valdríais nada. Mejor iros con Portugal y que a cabio nos den un trocito de Francia, o de Marruecos, no sé, un sitio que mole.
Enviar um comentário