Algo funciona mal, acaso porque
xa non temos os anxos proteutores.
Algunha cousa morre nalgún sitio,
non sei onde, non sei como se chama
nin sei de que materia está composta
a luz que identifica os outos muros
no derradeiro intre, acaso porque
xa non temos os anxos proteutores.
Algo funciona mal. En todas partes
transmiten telegramas, dan informes,
escriben longas nóminas,
pintan cruces de sangue, acaso porque
xa non temos os anxos proteutores.
Algunha cousa morre. Todos vemos
invasores durmindo sobre os mortos.
Pasan carros de ferro, e os soldados
saúdan e surríen, nada saben.
Salouca unha muller tras dunha fiestra,
e o povo fita e cala, acaso porque
xa non temos os anxos proteutores.
Alguén fesfolla escuras caliveras
do sí e do non da morte na amencida.
Si dubidas pon sí, pois todos saben
que naide é inocente nesta guerra
que nos foi decrarada, acaso porque
xa non temos os anxos proteutores.
Celso Emilio Ferreiro
Onde o mundo se chama Celanova
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 divagando:
Ole! Pues eso, que ya somos seis en casa seguro, y fijo que alguno más... Jejeje.
Si tienes muchas ganas de conocer a Mizushi, pásate por el chami, que estará allí a partir de este viernes!
Besossss y hasta pronto!
Enviar um comentário