A entrada número trescentos

Cando amanece chovendo, un intre antes de clarear e un chisco despois de espantalas tebras, Madrid é azul. Mais ninguén semella decatarse, acostumados coma están os chairegos da Meseta á cor chumbiza das cidades sen historia. Tampouco a cámara compacta do meu móvel é quen de lle facer xustiza ó aceno de cor que só iste galego errante semella desfrutar. Será entón o meu espectáculo privado.



Por certo, esta é a entrada número trescentos diste blog, despois de case cinco anos escribindo e moita goma queimada nos zapatos. Non é nin mellor nin peor que calquera das outras, mais a iste humilde narrador dalle un pulo novo, unha bágoa vella e un motivo para sentirse ben. Serei inocente...

2 divagando:

amaia Arrazola disse...

pues felicidades por esa entrada número 300..

y ya que estamos, aunque sé que no eres gran fan de estos eventos, felices fiestas.

:)

kay disse...

Deus meu da miña vida... E pensar que eu dixenche que che fixeses un blog. Grazas por seguir aí; gústame darme conta de que, malia todo, segues aí, forte, fiel ás túas ideas, azuzando conciencias e dando apertas, claro...

Grazas por seguirme en todos os meus cambios de estación. Sigo no mesmo tren malia todo, e ese sempre acaba chegando á túa estación.

Un beso gigante (me esfuerzo eh? no me tengas en cuenta los fallos)

top