Eterno holocausto

En só catro días, Israel e o seu moderno exército asasinaron casi catrocientas persoas e feriron a outras dous mil en Gaza. Mañá serán máis e ninguén moverá un dedo para evitalo. Nin en Tel Aviv, nin en Washington, nin en Xenebra, nin na miña rúa. Será porque a ONU é mentira e nós uns hipócritas. Os holocaustos son para os covardes e o noxento asedio que sufríu o territorio palestino nos derradeiros meses é a millor proba. Illados, sen luz, auga nin menciñas, os civís víronse privados de calquera posibilidade de resistencia ou supervivencia. Fecharon ou bombardearon os seus centros de traballo e non lles deixan sequera cruzar ó país ocupante para buscar sustento. Mesmo os barcos cargados de axuda humanitaria foron atacados pola ultramoderna armada hebrea ante o pasmo mundial. Máis ninguén fará nada.


Ós israelís non lles gustan tampouco as testemuñas e por iso os xornalistas tamén son obxectivo das súas bombas teledirixidas, o mesmo que as mulleres e os nenos da Franxa. Para os covardes, ninguén é inocente, todos merecen morrer. E aínda defenden que a súa guerra é xusta, aínda que saiban de certo que non é máis que un absurdo calco da que a Alemaña nazi lles fixo non fai tanto. Mesmo dan ganas de pagarlles coa mesma moeda, mais entón seriamos tamen man de obra do eterno holocausto. Saben o peor? Hai quen di que só é unha manobra política do partido moderado Kadima -moderado porque non esixe o exterminio palestino coma outros- para achegarse ó eleitorado ultradereitista nos próximos comicios. Pode haber algo máis parvo que ser xudeu e fascista? Pregúntenllo a Benxamín Netanyahu. Por paradoxos coma ise quedei sen razóns para crer que Israel debe existir.


Pedras contra tanques, como no guetto de Varsovia, como no cerco de Srebrenica, como en Acteal ou no deserto de Darfur. Aínda non aprenderon a escribir á historia con outra cousa que con sangue. Por iso, a rabia que agora acende a artillería hebrea prenderá a mecha dun novo holocausto. Por que sabemos que, do mesmo xeito que a carraxe non deterá os seus mísiles, o sangue xamáis se limpará con máis sangue.

2 divagando:

Anónimo disse...

La reacción de Israle es totalmente desproporcionada, infame y cruel. En cualquier caso, lo siento mucho por los palestinos, pero si provocas a alguien que tiene una fuerza superior, te caerán hostias como panes. No digo q esté justificado, pero si lanzas cohetitos a unos fundamentalistas, es posible que te ataquen con todo. Y muy triste lo de Al Fatah que no ayuda a su pueblo. Se conforman con Cisjordania?

NUNA disse...

¿Provocar? ¿Y qué se supone que tienen que hacer? ¿Morir en silencio? Me sorprendo cuando me dicen que en España por lo menos tenemos en cuenta lo que está pasando en Palestina, que tiene repercusión en los medios... Sí, porque es Navidad y no tenemos nada mejor con que llenar los informativos. Palestina desaparecerá, lo lleva haciendo 60 años,y todos somos complices de ello.

top