Invisible


Hoxe erguínme cedo, fallando o meu costume de habitar horas intempestivas. Saín á rúa a percorrer a mañanciña, a observar con ollos de turista a xente atarefada que vai e ven dalgunha parte. As veces desfruto deste pracer amargo, o de perderme no rebumbio, como se puidera esvaercerme ante os ollos dos demais. Será o pequeno vicio de ver a vida dende fóra, encadrándoa no meu obxectivo pero sen formar parte do retrato. Camuflado nesta apariencia invisible, síntome ceibe, capaz de afrontar todo aquilo que levo tempo esquivando. Deixándome levar, fun quen de darlle un repaso xeral ós meus crevacabezas habituais. Sen meias tintas, sen amortecer os golpes. Será que desfruto da miña invisibilidade ou que me subíu á cabeza a madruga, pero creo ter atopado un camiño de fuxida deste novembro gris de tódolos anos. Mentres tanto, tede coidado non vaiamos tropezar na rúa.

2 divagando:

Anónimo disse...

Postos a lle buscar cousas boas, esa invisibilidade só é posíbel nunha cidade como Madrid. A posibilidade de se perder entre o xentío non sendo máis ca un viaxante anónimo, un forasteiro na terra de todos. E observalos cos teus propios lentes, enfocados ou desenfocados, pero teus.
Agora, coidado, home invisible, non vaia ser que a ti tamén te vexan!

El chico desenfocado disse...

Siempre tendremos la convicción de nuestra superioridad moral (por poco que sea eso).
¿Son tiempos de poesía, V?

top