Nós somos



Nós somos
os que fumos vento
para fuxir da fame,
do xugo, da guerra,
da persecución e do medo.
Nós somos
os que non esquecemos,
os puños pechados
que terman da carraxe,
os que levamo-la fouce
en troques do látego,
os que suamos sangue
en vez de facerlla suar a outros.
Nós somos
os que nos percatamos
de que entre nós e vós
trazástedes unha liña
que nos fai diferentes.
Vós, os que nunca vístedes
a outra faciana da vosa opuléncia,
os que nunca fóstedes fillos
a un océano de distáncia,
os que non coñecedes
a amargura das despedidas,
os xiros postais con sabor a Nadal,
os lombos esnaquizados de soños.
Nunca saberedes
do cheiro da terra;
os concertos do orballo
son para os que non teñen teito,
a ledicia é
para nós, que sabemos
o que é non ter nada
e podemos seguir sendo nós,
poñendo o voso mundo
patas enrriba,
porque é voso e non temos
nada que perder.
Somos nós,
feitos da mesma saudade
que a terra que nos acolle,
e como ela nós permanecemos,
pervivindo en pé
mentres vos esvaecedes
tentando agocharvos
nos poderososos castelos de nubes
que nós, que somos vento
e somos treboada,
faremos fuxir
para escribir de novo
a nosa história.

nadal de 2002

0 divagando:

top