Mañá de reis


Traballar en Madrid na noite de reis non ten moitas satisfaccións, de non ser polo intre impagable da saída. Voltar á casa polas rúas baleiras, fai que un se sintao dono de toda a cidade, despois de bregar todo o nadal con beirarrúas ateigadas e megáfonos que berran panxoliñas tétricas. Nesta hora, a miña hora, o ceo regálame o primeiro agasallo desta mañá e saúdame misturando nas nubes cores de lume e xeo. Os demáis agasallos chegarán despois, tren mediante, na capital da crúa Castela que agocha para mín o reencontro máis agardado da miña vida. Agora, mentres se apagan as farolas ó meu paso, vou de camiño á churrería do barrio a mercar o almorzo para as feras que durmen no fogar ou, se cadra, agardan espertas para acompañarme mentras fecho as maletas. Para mín, comezará o novo ano en cando chegue o teu carón e poñamos en hora os nosos reloxos.
top