Homesickness Road


No lugar máis recóndito deste país de praceres amargos gardo unha rúa baleira onde aínda non chegou o desxeo. No chan, a neve xoga a borrar as túas pegadas mentres sona de fondo aquela vella canción. Cando cae a noite, collo a bufanda e volto o meu banco na rúa baleira onde segue a nevar. Deitado nel, aquela estrela que ollamos volta a alumear, aínda que sexa para mín só.

1 divagando:

dtordable disse...

eres peor que los popero

top