what is and what should never be

Everybody I know seems to know me well
but does anybody know I'm gonna move like hell,
they're never gonna know cause I move like hell...


Antroido dousmilsete. A antiluxuria viste chapeo vaqueiro e tanga de fío letal. Ás veces recurrir ós clásicos é un bo punto de partida para perder todo de vista e albiscar durante un intre cómo se vive sen sentir mágoa nin medo. Só hai que sacar un chisquiño a pasear ó pequeno fillo de puta que nos proe nas entrañas, escoller unha máscara e esquecer ó que se agocha tras dela. Despois, cando cansen os cantos bébedos e sequen as gorxas, haberá tempo abondo para lembrar o camiño de volta ó amargo fogar. Soa de fondo, coma fogo cruzado, o himno de tódalas derrotas.

I'm feeling lonely, I can't breathe
Fell to pieces and I'm still falling
All alone I fall to pieces

Porén, desta vez, aínda que só sexa por esta vez, o pequeno fillo de puta durmiu sorrindo. Todos temos dereito a non ser nós mesmos de cando en cando.

1 divagando:

Anónimo disse...

muy bonito v, muy muy bonito.......

(¡por fin he podido abrir la ventanita ésta!)
:)

top