Oda ó mísil terra-aire

Na miña casa, pola noite, xa van tres días seguidos que se escoita o ruxido dos avións en voo rasante. Rasante demais, persistente demais. Neste intre, os seus motores rachan o ceo sobre a miña cabeza e as de milleiros de habitantes do centro de Madrid que compartimos o desacougo de vivir preto demais do Paseo do Prado como para seren despertados polos ensaios das acrobacias aéreas da súa Fiesta Patria. Bandeiras descomunais vencedoras de tódalas liortas, tralas que agochar a historia, tentando esparexer o esquecemento e mailo expolio. Por eso non estarei eiquí para asistir o seu festexo, na súa capital coronada de victorias cativas e amarguras cotiás. Que se aforren o seu sacar peito a máis gloria do seu orgullo nacional, da súa enorme patria que a todos invade, que todo o afoga. Que se aforren a súa vulgar exhibición de máquinas de matar. Na miña casa, pola noite, non quero xoldra no meu faiado. Na miña casa, pola noite, durme o seu sono unha razón ácrata.

1 divagando:

Gato negro disse...

Qué poco nos queda de ser vecinos...
Y buena es tu decisión de pasar aquí ese día, que sin duda se trata de unos de los más negros del calendario.
Un placer pasar por aquí de nuevo.

top