As paredes non calarán

Galiza, sitio distinto. No contexto da chamada "Operación Castiñeira", once militantes do movimento xuvenil galego Assembleia da Mocidade Independentista foron detidos e postos á disposición xudicial baixo o delicto de "asociación ilícita". Dita organizazón nacionalista nunca ten apoiado, asistido, organizado ou amparado ningunha actividade ilegal, salvo que se considere delictiva a disensión política e social. Istas once detencións de membros sinalados da AMI ten coma único obxectivo a represión e a criminalización do movimento xuvenil galego, detidos na rúa, no traballo, vendo rexistrados os seus fogares, confiscados os seus papeís e discos duros (os do traballo tamén), revisadas as súas amizades e postas en tela de xuízo as súas crenzas políticas. Coñezo a algúns dos detidos, abondo como para saber que non son tan diferentes de calquera de nós.

Iste non é o primeiro golpe do aparato politíco policial contra un movimento sinalado pero imparávelmente crecente na Galiza. As forzas de seguridade do estado estánse a empregar a fundo para tensar o máximo a situazón. Ista mesma semana, os asistentes a unha charla sobre a situación do movimento nacionalista trala vaga represiva foron ameazados pola policía compostelana con seren detidos por "resistencia á autoridade". Dende o pasado mes de agosto, Giana Rodrígues e Uxío Caamanho permanecen nas prisións de Brieva e Navalcarnero, respeitivamente, a espera de seren xulgados pola súa presunta participación no incendio dun caixeiro automático. Mentres, as organizacións xuvenís AGIR e BRIGA son amezadas coa ilegalizazón. En setembro de 2004 o militante Diego Vinha morre en Arteixo, durante a súa estadía nas dependencias da Garda Civil. O silencio guvenamental e meiático continúa (Arteixo non é Roquetas). Por outra banda, Francisco Vázquez, alcalde "socialista" da Coruña, emprega 15.580 euros mensais do peto do concello para protexer a bandeira española, sita no paseio do Orzán, con efectivos policiais as vintecatro horas do día. ¿De quén? ¿Contra quén?

A situación é crítica mentres os meios de comunicazón calan. Compre, máis ca nunca, reflexionar sobre a caste de democracia que somos, permitindo todo aquelo polo que se luitou fai só trinta anos. Recordemos as verbas de Bertolt Brecht: "Primeiro viñeron a prender os comunistas, pero eu non falei porque non era comunista...". ¿Virán algún día a por nós?

3 divagando:

Sansara disse...

Estou dacordo, V, mais non penso que o problema sexa solamente galego... Enténdeme, dende a primeira visita a Santiago, vin o xogo de independentistas e nacionalistas, todo aquele Galiza Ceibe, a inmensa cantidade de asociacións xuveniles, etc. Coñecí o "nacionalismo" galego (do que non tiña nin a mais remota idea por aquele entón) e pareceume gamberro e correcto. E o mais importante, vin o moito que os movimentos nacionalistas estaban integrados na sociedade galega. A costumbre que os galegos tiñan (como os vascos, supoño) de ver leteriros, carteis, berros...

Por iso penso que non é problema galego somentes.

Que a maldita represión da voluntade, e a liberdade, non é somentes cousa dun sentimiento patriótico tolo dunha unidade espanhola coma a dos Reis Católicos.

É a merda (con perdón) dos tempos que corren. A seguridade privativa da liberdade da xente, de nos. O congreso dos medios audiovisuais catalán (e ate moi poco, Madrid tivo un) é un exemplo. A lei antitabaco. A proposta da lei seca.

Onte, na rua onde vivo eu, seis policías rexistaban a un grupo de chavais para lles sacar o tabaco, os petardos, etc.

E que unha sociedade pense o moito ben que se lle pode facer rexistrando a oito o nove chavais que charlan tranquilos nun bar, que acepte sorrindo o emplazamento de cámaras de seguridade por toda a cidade, ou controlando as comunicacións dunha maneira tan descarada, non é mais que un reflexo da enfermedade da misma.

A sociedade enferma, V. Coma en EEUU. Cansados tiñamos que estar xa de hacer todo o mesmo que eles. E así imos. Cun ollo mirando ós EEUU (e protestando) e co otro, facendo os deberes en pro dunha sociedade moi ó estilo de 1984. Non somentes en galicia. Se non en todo o país, pouco a pouco.

¿Ou non?

Ignis fatuus disse...

O marxen do que dis, que tes bastante razón, a Uxío e Xiana fóiselles un pouco a pinza...
Hai ideais nos que non fan falla mártires, nen movementos á lixeira, con tan pouco sentido.
O da bomba no caixeiro, con todas as presuncións debidas, foi unha tolemia... evidentemente non querían facer mal (as chamadas existiron) pero facer iso no día con máis vixianza policial nesta cidade pouco demostra -aparte do suicidio e qué (máis) diantres?-inda que o tente, e pouca repercusión ten máis aló de darlle a razón os que vinculan as ideas a necesidade de reprimir "esa violencia", que non surxe nin é a esencia, precisamente, do que ti falas...
O que sucedeu aqui foi triste, para algúns inexplicable, que foderan a súa vida pra unha mísera e distorsionada retransmisión de unhas poucas horas... nas que non elevaron ningún dos seus movementos ou loitas demasiado alto.
Quedaron coma un "vaia por deus" que se extingue no mesmo día, dando pe a tódalas demonizacións que son, de feito, o que non se precisa, nin debería buscarse (consciente/inconscientemente).
Se precisan persoas, non xente, pero persoas que sepan onde pisan, non as que levan ate o abismo, no macuto, a sua propia vida e todas aquelas cousas polas que loitaron(? ou nas que creen e así desfanse, pérdense, desvirtúanse en dous telediarios que comen da carroña que lle puxeches ti mesmo no plato.
Esa é a miña opinión... inda que claro, teño máis, e vivencias varias co "círculo" de variadas tintes pero creo que para "rebelarse", dalgún modo fai falta tino, templanza, consciencia e dirección, non somentes un "coraxe" kamikaze sen sentido.

Unha aperta,

V disse...

Merda, neno, coma sempre pouco máis ca iso, aínda que a tí véxote con forzas de superarme. unha apertiña grande, sociata surfeiro

top