Dende eiquí, dende a ollada á ría facéndose océano, dende aí mesmo me chama a miña saudade. Nunca fun home de litoral, acostumado ás músicas silentes das mareas, eu son do val curtado polo río e polos montes, terra adentro, ben lonxe dos paisaxes azuis que se perden no horizonte. Sen embargo, non podo evitar botar en falta os longos veráns á beira da praia, Montalvo, O Grove, A Lanzada, Foxos, Portonovo, Barra, Sanxenxo, Cangas, Vilagarcía,... berces alleos os que hai anos que non fun quen de voltar, e que agora, coa chamada imperativa da pátria de nacemento, tornan as miñas lembranzas, traendo consigo todolos anacos esnaquizados que deixou a marea no areal. Necesito máis ca nunca o ar húmido, as augas frías e embravecidas, o cheiro á terra mollada, os amigos, o lecer,... teño saudades da terra que non me viu nacer, pero que curtiu a miña pel e coreou o meu cabelo e ollos, construíndome á sua imaxe ata facerme como son agora: un chairego emigrante que bota de menos ó "seu" mar.

0 divagando:

top