Lembro unha tira do grande Quino no que Mafalda dalle a volta o mapamundi para negar o prexuízo que nos fai poñer ó norte sempre enriba. Nós, sendo de máis ou menos da metade cara a cima, vivimos nun constante paradoxo espacial. Coma europeu, suponse que son do norte. Nembargantes, respecto do vello continente, son do sul por nacer na península ibérica e falar nunha língua latina, aínda que se lle preguntásemos a calquera dentro da pel de touro, consideraríame do norte por seren galego e de terra agreste e chuviñenta. E a tolemia referencial non remata aí, xa que respecto da Galiza son un sureño ourensán e, indo o máis polo miúdo, dentro da vella Auria son do norte por me criar na beira septentrional do Miño, no antigo concello da Ponte-As Caldas. Cando era pequeno, pese a vivirmos no mesmo concello e estudiar e traballar ó sul do río, un pontino sempre dicía o baixar o Miño: "vou a Ourense". Quizáis pasar a primeira parte da miña vida nesta pequena vila aparte ó pe do monte imprimíu en mín un carácter propio, afeito á periferia e os espacios abertos.
O outro día voltei polo vello barrio do Pino. As rúas Santa Ana e Santa Catalina, o colexio no Pombal onde pasamos os primeiros anos na escola, a vía férrea que percorre Bobadela e Tarascón e a Casteadona na que xoguéi de neno seguen aí, dandolle vida a marxe noroeste do Miño, a que leva a Quintela e Santa Cruz, a máis esquecida malia os esforzos do meu avó e de tantos outros que loitaron nos noventa polo barrio dentro das asociacións de veciños. Mais ise espírito combativo non se esvaeu. Ó chegar ó barrio, o visitante atopa un recibimento autoafirmativo en fiestras e tapias, "O Pino existe". As obras do faraónico AVE de conexión con Madrid que semellan non dar rematado, pese a agresividade do seu desenrolo. Ata que chegaron ó meu vello barrio.
Pese a estaren afeitos a vivir entre a estrada de Vigo e o núcleo ferroviario de conexión coa Meseta, a xentiña do meu barrio dixo basta ante as graves molestias que lles supón a construcción da nova vía férrea. Contaminación acústica, moreas de polvo, estradas cortadas sine die e a sensación de estar aínda máis afastados do mundo puxeron iste recuncho en pe de guerra. Progreso si, mais con respeto é o que reclaman e en principio semella que o poden conquerir. Meu avó estaría orgulloso de ver que, no noso barrio, a xente aprendeu a defenderse e a construir unha identidade común.
5 divagando:
Hola, eu tamén son do barrio e levo o blog http://barriodebobadela.blogspot.com/, e gustaríame copiar esta entrada do teu blog citándote, por suposto, e enlazando o este blog co meu.
Agardo a tua resposta, un saúdo
Muy bueno
Yo tambien soy del barrio
O PINO EXISTE
PROGRESO SI, PERO CON RESPETO
Bicos
Asociación de Afectados polas obras do ave
Convocatoria
O vindeiro mércores dia 12 de Xaneiro, farase unha concentración á altura das Torres do Pino, para reclamar que Adif dunha vez por todas nos escoite e non leven a cabo os proxectos que teñen pensado para o noso pobo.
A concentración será ás 19:45, oito menos cuarto da tarde.
Pregase puntualidade
Ademáis do Blog, tamén nos estamos movendo no facebook e organizámonos nun grupo, deixoche os links por se te queres unir.
Ademáis, hoxe casualmente, La Región publicou unha referencia ás nosas redes sociais, podes velo no blog.
Un Saúdo
http://www.facebook.com/home.php?sk=group_144713888910909&ap=1
Reunión de la Comisión de Afectados por las obras del AVE en O Pino con el Alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez Fernández, Adif y la empresa Copasa el Miércoles 12 de Enero de 2011 a las 9:00 de la Mañana
Hoy, lunes 10 de Enero de 2011 ha sido confirmada la fecha de la reunión de la Comisión de Afectados con Adif y Copasa y con la mediación del Alcalde de Ourense Francisco Rodríguez Fernández. La reunión se celebrará el día 12 de Enero de 2011 a las 9:00 de la mañana, casualmente la fecha escogida por los vecinos del barrio ourensano de O Pino para concentrarse en la N120 a la altura de las Torres do Pino, ante la falta de interés por las demandas del colectivo.
Sin embargo, los vecinos, lejos de desconvocar la concentración, la mantienen para la misma fecha y hora, El Miércoles Día 12 de Enero de 2011 A Las 19:45, OCHO MENOS CUARTO De La Tarde, y solicitan a todos los vecinos y amigos que tengan a bien asistir en apoyo del barrio, que vayan provistos de pitos, bocinas, cacerolas y demás objetos para hacerse OÍR, y llevar ropa reflectante para hacerse VER.
Enviar um comentário