Xustiza caducada

Trinta e oito anos despois, o governo británico recoñeceu o asasinato de catorce persoas desarmadas que se manifestaban a prol dos dereitos civís no Norte ocupado de Irlanda. Foi o chamado "Bloody Sunday", negado durante tres décadas polo exército da raiña Isabel, que, tal e como desvelou o informe guvernamental presentado hoxe polo seu chanceler, David Cameron. Mais o devandito estudio rexeita de plano a existencia dunha conspiración comandada dende o mesmo Westmister, descargando a responsabilidade da matanza nos soldados sen aterse a quen ós mandou abrir fogo.


Os paracaidistas ingleses recibiron á orde do seu superior, o coronel Wilford, mais esta investigación afirma que a decisión última de disparar contra un milleiro de civís sen mediar provocación correu única e exclusivamente a cargo del, sen que a RAF, o Alto Mando ou o daquela premier Edward Heath. Londres pide perdón mais non fai xustiza histórica. Négase a recoñecer a estratexia de tensión levada a cabo polo aínda Imperio, parcialmente desveleda na desclasificación de arquivos segredos do MI-5 en 2003, que debuxaban os plans de ocupación e segregación política no Ulster dende 1968 ata 1991.


Fai 38 anos, alguén en Downing Street diu orde ós paras involucrados na masacre de mentiren ó unísono e xurar ante tribunal que foron os manifestantes os que dispararon primeiro. Xamais puideron atopar unha sóa arma entre os feridos e os cadáveres. O rexeitamento da súa responsabilidade niste crime ergueu a todo o povo irlandés e supuxo o recrudecemento da guerra civil no Úlster. Os catorce mártires do barrio de Bogside, no Derry ceibe, foron os primerios dunha longa serie que conta ata tres mil falecidos. A causa dunha mentira infame, comezou unha espiral de carraxe que levou ós anos de chumbo do IRA e os paramilitares unionistas. 


Trinta e oito anos despois, minten de novo. Como o fará a comisión israelí que investiga o abordaxe da flota contra o bloqueo de Gaza. Coma cando á queima do Reichstag no Berlín fascista de 1933. Como o fixeron os policías españois que torturaron e soterraron en cal viva a Lasa e Zabala ou os asasinos de Moncho Reboiras, Patrice Lubumba, Anna Politkóvskaya e Letelier. A mentira inflama á violencia e pregoa á morte coma única consecuencia. Pero seguen sen comprendelo.



O Reino Unido xa pedíu perdón. Agora xa só queda que se vaian de Irlanda para non voltar.



Saoirse!

0 divagando:

top