Moitos, tanto dentro coma fóra da Galiza, choutaron de carraxe ó escoitar o noso xentilicio convertido nun desafortunado despreciativo nos beizos de Rosa Díez. Algúns mesmo se abraiaron ó coñecer o escuro fondo que se agocha trala faciana populista dun partido creado á imaxe e semellanza da súa xefa. Utilizar "gallego" coma insulto xa é un costume para ela. Chamoullo a Nuñez Feijóo, que supoño recibiría abraiado tal epíteto. agora a Zapatero e a Rajoy, coma querendo dicir que son taimados, indefinidos ou, no peor dos casos, parvos. Non sei vós, pero eu non me dou por aludido. Eu son galego, fillo da terra dos meus pais, terra que quero e me quere e única patria que recoñezo. Os meus compatriotas son teimudos, falangueiros, traballadores, retranqueiros e boa xente en xeral. Un chisco coma calquer cidadán de calquer país do mundo. Rosa Díez, en troques, é política e iso xa fai desconfiar ó máis inocente.
Fuxiu do seu país e do seu partido de toda a vida na procura de sona, e o que consegue cada vez que fala é emporcallarse máis. É unha extranxeira no seu país, unha outsider política e unha desas que só deixa marmurios de desacougo aló por onde pasa. Ninguén que a coñeza fala ben dela. Por iso ten que chamala atención co que pode, inzando o seu discurso de demagoxia, populismo e frases das de "todo a cen". Visto que o de ser nacionalista español da votos, pois alí foi Rosiña a apañar os seu botín. Como sendo medio progre non se lle arrimaban demasiados, foi pouco a pouco endurecendo o seu descurso para rexouba da tribuna ultramontana. O seu españolismo racista, de tan impostado que é, sona a broma. Négome a pensar que unha tipa que se aliou con Ibarretxe cando traballada para os socialistas de Euskadi pensa realmente que os galegos somos inferiores. Se o di, é porque non lle facemos caso. Porque, depois de armar unha enorme liorta en Galiza para que os "bilingües, o sea, pero en español" tivesen voz e voto, a xente lle votou o PP e non a ela. Porque lle treman as pernas de puro goce malsano cada vez que lle achegan un micro. Porque sabe que nada do que ofreza vale un can. Porque, querida Rosiña, non che da o maxín nin para ser nazi do parviña que me es. Calquer día, meterante un tiro nos miolos, e, se alguén se aleda, será culpa túa. Tí soíña cavas a túa tumba, a do esquecemento dos xoguetes rotos. É o prezo que se paga cando se medra pisando cabezas alleas, que ninguén te lembre cando o teu discurso de odio xa non trunfe nin na Falanxe. España é hoxe menos nación polo traballo teimudo de salvapatrias coma ti. En nome de todos os independentistas, gracias. Pósnolo moito máis sinxelo, así todos poden ver quen son ises "imbéciles e escuros" dos que fala o noso himno inmortal. Xa verás cantos de nós te imos recibir á próxima vez que te atrevas a voltar o noso país. Entón si que te poderás chamar víctima.
O que si me doe é a indiferencia do vello Gabilondo, progre de sona e xornalista de lenda. Que noxo ver como cala ante aldraxes que xamáis permitiría para vascos ou catalás. Pobriño, está tan fora de sitio na tele que só lle da para lelo telepromter. Vaia parella, a vendedora do españolismo pexorativo e o mercenario do xornalismo que tanto foi e do que nada queda. E, pese a todos vós e todo o voso traballo a prol da barbarie, Galiza e os galegos seguimos eiquí, falando nunha lingua que tanto vos amola e que non sodes quen de calar. Dito no teu idioma imperial, ladran, luego cabalgamos.