Limpeza estival


Chegou xa a primavera, mais o sol ven con retraso. Tanto me ten, nunca lle tiven medo ós neboeiros e prefiro iste decorado de fondo para o meu domingo, o primeiro de moitos que non me trae penitencias. Mudou a estación e semella que se achegan tempos de luz. Terei que aproveitalo, en vista do caras que se mercan as horas soleadas. É o intre exacto de abrilas fiestras, botar auga para refrescalo chan e deixar que se renove ó ar. Estiven longo tempo afastado de min mesmo, orfo sen me decatar da miña propia ausencia, acorando no espertar dun continuo lusco e fusco. Ata o derradeiro venres do inverno. Coma acostuma, non vin vir o desxeo, como tampouco lembro a súa chegada. Agora sei que non teño porque me converter no que nunca quixen ser. Iste é o momento de ceibarse dos vellos remorsos, o momento de fuxir do desacougo e esparexer de novo iste fato de ósos con mellores compañas que as que adoita. Non é doado saber de certo que é o que se supón que teño que facer. Unha vez máis, chegará o serán para atoparme improvisando.


Jimmy Page - Your Time Is Gonna Come (Live At The Greek Theatre)

0 divagando:

top