Virxilio Vieitez


O verán pasado, por estas datas, morreu o meirande fotógrafo galego. Creador afouto, soubo retratar e conservar a atmósfera dunha Galiza que xa non esiste, unha terra de panos negros, emigrados e lar de familia, de fame e de sinxela ledicia.


Un país reflictido no esceario illado da Terra de Montes dos cincuenta ós setenta. Percorreu vila tras vila facendo ata fotos de carné, durmindo nos palleiros das aldeas e queimando unha vella Lambretta polos carreiros. Mais soubo triunfar en París no mesmo intre no que chegou.


Morreu Vieitez o mesmo mes que Photoespaña lle tributaba homenaxe, mais alleo a comandiña dos seguidistas, trasformado el mesmo nunha persoaxe das súas propias fotografías. Por iso ninguén lembrará o seu nome o ano que ven, quizais porque nos doe o noso pasado ou pola falla de costume de recoñecer o talento dun paisano. Un brinde polos vellos tolos que o fixeron todo moito antes ca nós, cen veces millor e loitando con todo en contra. Gracias a eles, a Galiza dos nosos avós segue viva en algures e nós temos uns referentes onde nos apoiar para chegar máis alto.

0 divagando:

top