Ignorancia manifesta

En tempos convulsos, os verdugos xogan a presentarse coma víctimas, disfrazándose de lobo con pel de año. Non importa si é preciso emporcallala historia con esquecementos interesados e mentiras flagrantes. Non hai reparos á hora de usala cultura coma arma arroxadiza, menosprezando todo aquilo que sona alleo, porque non cabe na súa estreitez de miras. Non se sonroxan violentando a língua co propósito de dividir e sinalar ó diferente, coma si o diferente tiviese a culpa dos seus complexos históricos de inferioridade.


O pasado 23 de xullo, un grupo de intelectuales presentou en público o chamado “Manifiesto por una lengua común”, ó abeiro do diario conservador El Mundo e apadriñado polo partido UPyD e, dende un confortable segundo plano, polo Partido Popular. Entre os firmantes, moitos dos seus palmeiros, declarados “antinacionalistas”, extrano apelativo para aqueles que defenden sen rubor o nacionalismo centrípeto. No contido do devandito manifesto, afírmanse moitas das obviedades que o senso común e a boa educación dictarían nunha sociedade bilingüe, como a oficialidade do castelán ou a súa presenza en igualdade de condicións no ensino, a administración e a vía pública das comunidades con língua vernácula. Ata aí nada que obxectar. Nembargantes, lendo entre liñas, un lector avispado toparase con siloxismos inconexos como “hay una asimetría entre las lenguas españolas oficiales, lo cual no implica injusticia de ningún tipo”, deduccións carentes de memoria histórica como “las lenguas no tienen el derecho de conseguir coactivamente hablantes ni a imponerse como prioritarias en educación, información, rotulación, instituciones, etc”, ou prexuízos diglósicos tan graves como “este tipo de imposiciones abusivas daña especialmente las posibilidades laborales o sociales de los más desfavorecidos, recortando sus alternativas y su movilidad”. Traducido o castelán común que tanto desexan, o seu idioma é superior o resto de línguas da península, non debe permitirse perder falantes nos procesos de normalización lingüística que a súa imposición pasada fixo inevitables e, por último, todos aqueles que non se expresen na língua común corren o risco de quedaren atrás, xa que as vernáculas disminúen a súa capacidade de movimento.

Tal documento non puido ficar á marxe da polémica, quizáis porque naceu co objectivo de provocala, entre forzas políticas e sociáis de distinto signo. Gracias a ista repercusión, moitos xa comezaron a aproveitala apoloxía do evidente, cos contidos soterrados de centralismo, para sumar apoios a súa causa, antinacionalista de nome, mais españolista nas formas. Afirmala necesidade dunha língua común e a armonización das distintas línguas peninsulares é de caixón, mais non si se emprega para frenalos avances en materia de normalización lingüística que se levaron a cabo nos derradeiros trinta anos. Algúns semellan esquecer cales foron as falas proscritas de iure da educación, a lei e a vida política durante varios séculos, despreciando a loita calada á forza de moitos falantes que mantiveron a duras penas tres idiomas vivos pese á persecución. Aínda viven moitos de aqueles que sofriron palizas, multas e cadea por expresárense en público en galego, catalán ou euskera. Todavía non coñezo ninguén que fose perseguido por falar castelán, nin creo que o vexa por malos que sexan los presaxios dos agoreiros interesados. As línguas vernáculas aínda loitan por refacerse de tantos anos de desventaxa, perdendo na actualidade máis falantes que en ningún período da historia pasada. E aínda así o castelán é o que se ve ameazado, segundo eles.

Fálase moito do exemplo da “imposición do catalán” no ensino, a administración pública e o negocio privado, ó tempo que o próprio texto defende explícitamente a innecesariedade de que só persoal bilingüe atenda ó público nos centros oficiales. ¿Non é o mesmo? Quizáis sexa que lles amola a competencia, aínda que sexa a modesta porción de euskaldunes –un trinta por cento de falantes habituais-, catalanoparlantes –ó redor dun ses
enta por cento en Cataluña- ou falantes de galego –do que se calcula un coñecemento do noventa por cento e un uso cotián en torno ó sesenta por cento-. Centrémonos un intre, aínda que só sexa por non empregar de exemplo os tan cacareados modelos catalán e vasco, no proceso de normalización lingüística da língua galega. Unha de las línguas máis antigas da península, vehículo cultural de reis casteláns como Alfonso X e unha das máis denostadas nos séculos pasados. A diferencia do catalán, o galego foi considerado pola intelectualidade oficial –de Pardo Bazán a Pemán- coma un dialecto rural, indigno de ser língua de cultura, próprio de xentes incultas. E o máis triste é que este odioso prexuizo diglósico aínda prevalece e é necesario loitar contra el, favorecendo unhas institucións e un ensino en galego que permitan ós castelanfalantes actuar sen perxuizo da súa elección lingüística. Tampouco na Galiza áchase o fenómeno da violencia política ou coacción gubernamental de signo nacionalista, co que non é axeitado falar en ningún caso de imposición, senón de xusta recuperación do seu espacio natural. E sen embargo, eles prefiren ver unha ameaza na supervivencia da miña língua materna, ese dialecto de agricultores que fai séculos diron por morto e que, en verbas de Castelao, os seus cinco séculos de imperialismo frustrado foron incapaces de borrar. E seguirémolo falando.


A súa dialéctica interesada sobrevive a base de consignas goebbelianas, centradas nos prexuizos e as meias verdades. Chegouse a afirmar con afoutado desprezo da verdade e de boca do mismísimo xefe do estado, que o castelán non foi xamáis imposto polo estado. Uno agardaría atopar maior siso nun grupo de intelectuales, pero é fácil decatarse que tras esa faciana pseudocultural agóchanse os fíos da baixa política, esa que apela ós máis baixos sentimentos a falta de argumentos válidos. As súas accións e declaracións evidencian a súa ignorancia e o seu rexeitamento ó entendimento entre tódolos españois sexa cal sexa a súa língua, defendendo explícitamente a supremacía do castelán sobor dos dialectos bárbaros.

O castelán conta cuns cincocentos millóns de falantes en todo o mundo, mentres que o catalán suma uns siete, o euskera ó redor de dous e o galego menos de cinco millóns. O seu victimismo carece de senso nunha sociedade con grandes meios de comunicación que emiten constantemente programación na língua común, fechando espacios ás línguas minoritarias ata no ámbito familiar. ¿Quén ameaza a quén? ¿Non son tódolos idiomas vehículos válidos da comunicación e parte da cultura de este país? Eles reclaman o seu dereito a expresarse en castelán. Non creo que ninguén nos seus cabales llo negue. Pero, ¿qué dirán cando pidamos o noso dereito a non expresarnos no seu idioma? A súa tolerancia é asimétrica e a súa ignorancia, manifesta.

Aniversarios invisibles

Hace un rato, charlando a distancia con mi compañía para las noches insomnes, he vuelto a tener esa vieja sensación. Si, vosotros también la conocéis, ese momento en el que te detienes, haces balance del trayecto recorrido, te rascas la cabeza y te das cuenta del tiempo que ha pasado desde la última vez que miraste hacia atrás. En el retrovisor, te esperan las miradas cómplices de los aniversarios ocultos de aquellas cosas sin importancia que han ido haciendo tu camino, esos gestos repetidos mil veces hasta convertirse en actos reflejos, los lugares que se han ido convirtiendo en familiares, alguna que otra compañía que acaba por ser tan natural como necesaria. Todo lo que sucede mientras esperas a que suceda algo. Los sospechosos habituales, escenarios inesperados de la nostalgia por venir.

Un día, cuando menos lo esperas, te sorprendes a ti mismo considerándolos hábitos y comprendes que no serías el mismo sin ellos. Hace tres años, dos meses y catorce días que empecé este cuaderno abierto al mundo. Hace exactamente un lustro que me enganché a la radio. Hace ocho veranos que emigré a Madrid. Y hace casi cuatro que llegaste a mi vida de puntillas, para convertirte en el refugio necesario, la palabra exacta, un reflejo en el que reconocerme y apoyarme en lo personal y lo profesional. Sonará frío y cerebral, pero sabes leer mis garabatos torcidos.


Hace un par de días que hay unas converse colgadas de un cable de mi calle y, cuando las miro, no me preguntes por qué, pero me vuelves a la memoria. Sorte no país da choiva sen embotellar, pequena kay.
top