Dia da Patria Galega


25 de xullo, unha vez máis a nazón irredenta érguese para festexar a súa existencia. Saen as rúas e as prazas os mozos e os vellos, xentiña toda xunguida por un sentimento común expresado nunhas mesmas verbas de son doce e desvalar morriñento. Hoxe é o día da pedra e da choiva, da leira verde e do mar bravío. Hoxe é o día en que, tras seiscentos anos de negación da nosa existencia, saíremos as rúas a berrar ben forte que seguimos eiquí, subsistindo na nosa teima de ser nós. Cada 25 de xullo, de Verín a Ortegal, de Fisterra ós Ancares, un só berro se oe nas nosas gorxas. Despois de tódalas patadas que nos deparou a historia, da fame, a migrazón, a denigrazón da lingua e do seu povo, nós seguimos eiquí! Feliz Día da Patria Galega dende o exilio, nenos!


Para rematar, un intre de Memoria Hístorica Galega, a épica narracíon da TVE-G do traslado dos restos mortais de Afonso Daniel Castelao o camposanto de Bonaval en Compostela no ano 1984:



0 divagando:

top